Ideas e estratexias

A planificación estratéxica é un requisito indispensable para unha eficiente xestión dos bens culturais e naturais. A nosa experiencia na elaboración de proxectos permítenos ofrecer servizos variados, personalizados e competitivos. Este traballo non é un gasto, é unha inversión fundamental para conseguir que as boas ideas non se perdan polo camiño.

  • Planificación estratéxica dun territorio: Elaboración de plans estratéxicos onde os recursos culturais e turísticos teñan un sentido dentro das Paisaxes Culturais.

  • Proxectos para a posta en valor ou recuperación de bens ou conxuntos de bens patrimoniais, plans directores, anteproxectos, etcétera. Visión global dos proxectos.

  • Deseño de produtos de turismo cultural e estratexias de promoción turística, rutas de sendeirismo, paquetes culturais, visitas guiadas, etcétera.

  • Museística: Deseño de proxectos museolóxicos para museos e centros de interpretación e outros espazos culturais, elaboración de pautas para a xestión dos museo, ou o que necesite o cliente.

¡NOVIDADE¡

Asesoría a empresas e institucións públicas sobre subvencións, axudas, lexislación, patrocinios. Incorporación do “FUNDRAISING” na práctica diaria da empresa para explorar novas vías de colaboración entre empresas e institucións para financiar proxectos culturais. As crises son o mellor momento para facer cousas diferentes.

¡NOVIDADE¡

Asesoría a empresas e institucións públicas que desexen abordar proxectos tecnolóxicos no eido cultural e turística: “ASESORÍA TECNOLÓXICA”. A nosa experiencia axudar a crear produtos pechados, cunha utilidade práctica e unha experiencia de usuario positiva. Se queres, tomamos un café para que saibamos en que consiste o teu proxecto.