Estudos técnicos e execución

Trasladar as ideas á realidade mediante a execución de proxectos técnicos no eido do Turismo e a Cultura. Pídenos un orzamento por correo electrónico e en menos de 24 horas terás unha resposta.

  • Inventarios e catalogacións de elementos patrimoniais: Dentro dos PXOM, informes de impacto medioambiental, proxectos de interpretación do patrimonio. É posible aproveitar a información destes informes en crear páxinas web divulgativas para o público xeral.

  • Museografía: Deseño e montaxe de proxectos museográficos, xestión e coordinación de exposicións itinerantes e temporais, cartelería, publicidade. Traballamos coa mentalidade dun artesán.

  • Investigación aplicada a elementos culturais: Informes para declaración «Festas de interese turístico», recuperación de eventos tradicionais, árbores xenealóxicos, etcétera.

  • Traballos arqueolóxicos: Escavación e prospección arqueolóxica, controis e seguimentos de obra. Os mellores prezos grazas a nosa rede de contactos.

  • Informes para a rehabilitación e reconstrución de edificios históricos. Ningún ben inmoble sen a nosa supervisión.

  • Deseño, execución de itinerarios e rutas culturais: Servizo integral e incorporación da “gamificación” na proposta de itinerario. Hai que pasalo ben namentres facemos estas camiñatas.

  • Elaboración de produtos multimedia e audiovisuais que non deixen indiferente a ninguén e basados no valor do pasado (documentais, vídeos didácticos, libros-cd).